Música de raíz en Eurovisión
Este non é un estilo musical que teña moita cabida no festival europeo, mais algúns nomes que resultan bastante coñecidos pasaron ao longo destes anos polo escenario

A cantante Noa. / la opinión
Óscar Losada | A Coruña
Non é a música de raíz un estilo que tivera unha presenza minimamente significativa ao longo da historia do Festival de Eurovisión, un certame que opta por un tipo de música moi dixerible para o gran público, sen complicacións estilísticas e con ritmos pegadizos que poidan atrapar á primeira escoita e resultar divertidos. Xa sabemos que en moitas ocasións ese espírito deu lugar a enxendros artísticos considerables, mais agora imos centrarnos nesas aparicións fugaces de músicos que levaron as raíces musicais da súa terra ao escenario.
A esta lista comprirá engadir ao dúo formado por Noa e Mira Awad que, con seguridade, aportarán no tema elixido para a ocasión toques de música tradicional, aínda que o envoltorio seguramente virá servido polos ritmos do pop aos que Noa está afeita dende que no seu último álbum decididu convertirse nunha cantante de musicais de Disney de moi dubidosa calidade nas composicións presentadas. Pero lembremos que na música anterior da israelita aparecían referencias sonoras que a unían ao folclore doseu país.

Música de raíz en Eurovisión
Á parte dos seis casos que imos detallar, cómpre engadir a presenza no ano 1993 da portuguesa Anabela, coñecida aquí por cantar nuns temas do disco Mayo Longo, asinado polo vigués Carlos Núñez. Logo chegou a editarse en España, na editorial discográfica Resistencia, o seu disco Aether. A intérprete cantou en Eurovisión a peza A cidade até ser de día e acadou o decimo posto nas votacións efectuadas polos xurados.
ECarlos do Carmo. O máis reputado fadista masculino de Portugal realizou a súa participación no ano 1976 co tema Uma flor de verde pinho. A canción non foi moi ben acollida polo xurado, posto que non pasou da duodécima praza nun tempo no que participaban menos países. A Do Carmo veulle o sino do fado dende o berce, xa que a súa nai Lucília foi unha fadista de enorme prestixio. Após corenta e cinco anos de carreira, o cantante está considerado como unha auténtica institución no país veciño e todos os homes que cantan fado reverencian o seu xeito de interpretar.

Música de raíz en Eurovisión
EDan Ar Braz. Comezou sendo o guitarrista do mítico Alan Stivell e logo principiou a voar pola súa conta. Na súa carreira ten discos do máis variado e é que este bretón navega no eclecticismo e toca diferentes paus estilísticos con verdadeira soltura. En 1993 fundou L'Héritage des Celtes, formado por uns 75 músicos, cos que logrou vender miles de copias da súa obra. Foi con eles que en 1996 representou a Francia cantando o tema de música celta Diwanit bugale, a única vez que se cantou en idioma bretón, coa que ocuparon a decimo novena posición. O grupo disolveuse no ano 2000 e Ar Braz continúa como solista.
EOfra Haza. Esta cantante naceu no seo dunha familia de xudeus orixinarios de Iemen que emigraron a Israel. Acadou popularidade en todo o mundo coa súa mestura de pop con música tradicional. Na súa andaina logrou varios álbumes de ouro e platino polas súas vendas millonarias e obtivo unha nominación aos premios Grammy no ano 1992 polo álbum Kyria.

Música de raíz en Eurovisión
En 1983 participou en Eurovisión co tema Jai e rematou nun meritorio segundo lugar no certame, o que lle proporcionou bastante popularidade.
Ofra Haza morreu o 23 de febreiro de 2000, cando contaba só con corenta e dous anos de idade. As circunstancias da súa morte nunca foron confirmadas pola familia, o que deu lugar a múltiples especulacións.

Música de raíz en Eurovisión
EDervish. No ano 2007, os irlandeses decidiron apostar decididamente por un grupo de folk e a xogada non saíu moi ben, xa que só obtiveron cinco votos e foron os pechacancelas na clasificación.
Vendo como se deron as votacións quizais logo cismaron en que a decisión de aceptar o convite, co tema They can't stop the spring, fora errónea.

Música de raíz en Eurovisión
A banda de Sligo publicou nove discos na súa carreira, o primeiro deles en 1993, e son considerados no seu país como un grupo cunha sólida traxectoria.
EDulce Pontes. Antes de ser unha artista coñecida fóra das súas fronteiras, Dulce Pontes logrou ser elixida por Portugal para representalos no festival de 1991 coa canción Lusitana paixão. Na clasificación definitiva rematou no oitavo posto, mais a súa participación serviu para dala a coñecer na súa terra e a partir dese momento comezar a construír unha carreira exitosa tomando como referencia o fado.
A cantante de Montejo editou xa sete álbumes en solitario e aínda que continúa a ser coñecida pola súa imaxe de fadista, os seus rexistros van alén dese estilo e principiou a elaborar pezas propias cun concepto musical máis persoal.
EUrban Trad.A banda belga, liderada por Yves Barbieux, gran admirador do folk galego, estivo a piques de gañar Eurovisión o ano 2003. Quedou a poucos votos da vencedora e fíxose coa segunda praza. Foi a primeira vez que se escoitou unha gaita galega nese escenario e ademais unha das cantantes era a nosa paisana Verónica Codesal. Quizais Galicia debía aparecer visible nese certame europeo grazas aos froitos da emigración. Codesal vive en Bruxelas, onde tamén canta co grupo de cantareiras Ialma, e comentou que os belgas non esperaban ese resultado, "mais ben pensaban que íamos chegar con cero puntos no peto". Mais non sucedeu así e o tema Sanomi, cantado nunha lingua inventada, proporcionoulles popularidade. Na súa traxectoria, os Urban Trad editaron catro álbumes.
A israelita Noa e a palestinaMira Awad manteñen unha amizade que xa as levou a interpretar conxuntamente nun escenario We can work it out, a coñecida peza dos Beatles. Este traballo conxunto na procura da paz na súa terra terá a súa continuidade no Festival de Eurovisión a celebrar nos vindeiros meses. A televisión de Israel xa sondeara a Noa en anteriores ocasións para representar ao país nese certame e ela sempre desbotara o convite, mais nesta ocasión decidiu aceptar poñendo unha única condición: que cantase a dúo con ela Mira Awad. Será a primeira vez que escollan para representalos a unha israelita e unha árabe. Para Noa esta é "unha posibilidade de impulsar o proceso de paz cos palestinos". As artistas cantarán en árabe, hebreo e inglés e farán un posicionamento claro na procura da paz.
Agora mesmo existe unha polémica no mundo árabe ao respecto desta unión musical para Eurovisión, xa que hai sectores que lle piden a Awad que non represente ao país que está a masacrar ao pobo palestino, mentres outros animan á intérprete a que se deixe ver e sirva como voz de protesta para reivindicar o remate da loita.
Hoxe en día, Noe a é a artista de maior proxección internacional do seu país no eido da música.
Ademais de cantante, Mira Awad tamén é unha coñecida actriz. Musicalmente aínda está a dar os seus primeiros pasos. O seu pai é palestino e a súa nai procede de Bulgaria.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial
- Gonzalo Castro: 'Hay una posición muy negativa de la propiedad del Deportivo que no había en 2022
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- Fallece una mujer y otra resulta herida al ser atropelladas por una furgoneta de reparto de pan
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Abre Spark81 en A Coruña: el primer espacio de juegos inmersivos en Galicia