A conexión lusa de Milladoiro acada a terceira praza

Portada do disco.
O. L. | A Coruña
Milladoiro é o primeiro artista que ten tres PREMIOS OPINIÓN no seu poder. Na segunda edición, con O niño do sol, lograron ser o mellor disco do ano e logo Unha estrela por guía, o seu primeiro álbum cantado, obtivo o terceiro posto, o mesmo que acadan nesta ocasión por A quinta das lágrimas, aínda que agora conseguiron moitos máis votos dos xurados que daquela.
Nesta obra inciden en meter temas cantados e contan coa colaboración da lisboeta Mafalda Arnauth e da ferrolá Laura Amado, que leva xa anos colaborando con eles, para pór voces ás pezas, ademais do engadido dun Antós Seoane que tamén interpreta unha canción deste álbum. Este novo traballo achégase ao folclore portugués, contén un texto de Fernando Pessoa e incorpora o Venham mais cinco, un tema do gran Zeca Afonso.
O grupo Milladoiro pretendeu unir musicalmente a Galicia e Portugal neste disco, tendo como figura representativa e nexo común das dúas terras a Inés de Castro, a galega que chegou a raíña do país veciño.
- El 88% de los aspirantes a las oposiciones de educación en Galicia, eliminados a la primera
- Hijos de Rivera ultima la obra del edificio Comcor y prepara su traslado
- La ubicación de la Feria del Libro de A Coruña y Mostrart cambia por las obras
- Las Inmaculadas venden su edificio de Puerta Real al empresario José Souto
- Caión suma oferta hostelera a su paseo: 'Cogimos el antiguo Asteria con toda la ilusión del mundo
- Marc Anthony 'valió la pena' en A Coruña
- La empanada de A Coruña que triunfa por su masa y relleno: 'Algunos cogen el coche para venir a por ella
- El Dépor reedita el dilema de los cuatro ases