O trío Lizgairo é quen de facerse co VIII PREMIO OPINIÓN no seu debut
Malia gañar cun conxunto recén creado, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz, os seus compoñentes, teñen xa unha longa e reputada traxectoria artística no folk galego

Foto promocional do grupo Lizgairo. / c.b.l
Óscar Losada | A Coruña
Este era o ano dos tríos musicais no folk galego e un deles vén de adxudicarse a oitava edición dos PREMIOS OPINIÓN.
Lizgairo comeza a súa andaina con Diacronías, mais os seus compoñentes son abondo coñecidos no mundiño musical do folk galego. Xosé Liz volve ter un recoñecemento nos nosos galardóns, posto que o ano pasado, formando parte doutro trío, os Entre Trastes, xa conseguira o segundo lugar. Agora vén de alzarse co primeiro posto, algo que xa vivira Anxo Pintos formando parte do grupo Berrogüetto. Rodrigo Romaní estaba xa fóra de Milladoiro cando naceron os PREMIOS OPINIÓN e deste xeito recibe o recoñecemento. Pero tampouco debemos esquecer que hai outra estatuíña que ten bastante dos tres Lizgairo na súa concepción e foi a conseguida pola orquestra folk SondeSe, nada no Conservatorio de artes e oficios de Vigo, como segundo mellor disco do ano. Alí dan clases os compoñentes desta formación, sendo Rodrigo Romaní o director e cabeza visible do proxecto educativo, que vén de mudar o seu nome a e-Trad.
Xa comentamos aquí que con eses vimbios non se podía facer un mal cesto e non se esperaba menos duns músicos que amosaron a súa valía durante todos estes anos nos diferentes proxectos que abordaron. Diacronías ofrece unha viaxe sonora pola música do país baixo unha perspectiva que mestura arranxos de corte clásico no eido do folk con outros máis arriscados. Arpa céltica, zanfona e bouzouqui son os instrumentos que levan o peso da obra e cada solista ten o seu momento para sobrancear. Tamén é importante para o resultado final do álbum a presenza da voz de Chisco en dous temas. Non acontecía un final de votación tan apretado dende a quinta edición, cando cinco grupos tiveron un só punto de diferenza entre cada un deles. Agora sucedeu o mesmo entre Lizgairo e Uxía, e calquera tivo opcións de ocupar o primeiro lugar.
Tamén o nome de Milladoiro apareceu bastante nesta loita, mencionado por seis xornalistas, pero non convenceu a ningún dos participantes como para elixilo na primeira posición da táboa.
Ademais dos premiados aparecen reflectidas dúas óperas primas: a da Señora Carmen, no que tamén ten moito que ver Uxía, quen a coñece por ser integrante das cantareiras Malvela e animouna a dar o paso a solista, e a do trío Bonovo, que aporta unha visión musical diferente que serve para que o fok galego abra vieiros por onde poder expresarse doutro xeito distinto ao que estamos máis afeitos.
- Ikea rebaja por primera vez su armario más vendido: tres puertas y perfecto para espacios reducidos
- La Xunta derribó dos construcciones ilegales en 2024 en la comarca coruñesa
- Esta es la profesión real de Manu fuera de Pasapalabra
- “El valor fundamental del diseño es resolver problemas”
- Los 8 hábitos que indican que serás más feliz a partir de los 60 años
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- Carlos Gallardo (Almirall): 'Los aranceles son una oportunidad para que Europa reaccione y haga que las empresas no se vayan a EEUU a investigar
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura