Manel Cráneo asinará cómics durante oito horas no Festival de Moeche
Ás 13.00 horas haberá unha presentación do cómic na taberna Os Irmandiños
Redacción | A Coruña
Despois dun ano no circuito, Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo segue dando guerra. Demo Editorial contará cun stand de venta durante o festival onde se poderán adquirir este e demais títulos editados polo selo.
Para a ocasión, o autor fará un maratón de sinaturas de 12.00 a 20.00 que incluirá unha presentación do cómic na taberna Os Irmandiños ás 13.00 horas e que contará tamén coa presenza de Miguel Teixido, xerente da entidade Euroeume.
O resto do día, o autor situarase no torreón do castelo para resistir as hordas de lectores que por alí se acheguen, armado de lápiz e pincel. Cráneo xa estivo convidado o ano anterior ao festival para dar o pregón.
O álbum editado por Demo Editorial en colaboración con Euroeume estase a converter nun clásico da banda deseñada galega, con varios miles de exemplares vendidos nun ano, e comeza a falarse xa dunha posible segunda entrega protagonizada de novo por Lopo e Martín de Ferreira.
- Así serán las bajas médicas a partir de 2025: Un nuevo sistema que evaluará la situación de cada trabajador
- Arantxa del Sol, exconcursante de 'Supervivientes', ficha como colaboradora por este programa de TVE
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- La DGT activa un nuevo radar en una carretera que une Oleiros, Cambre y Abegondo
- No más pan rallado: esta es la alternativa para empanar sin carbohidratos
- Yeremay pacta con el Deportivo no irse en enero: hay mejora de contrato y subida de cláusula
- Ikea recupera la estantería para el baño que arrasa entre los jóvenes: menos de 6 euros y se monta sin obra, ni agujeros
- Así es el plan de mercado del Deportivo sin Lucas: recuperar a Rubén, un ariete y un lateral izquierdo