Escritor
Xosé Neira Vilas: "Ao final, un ten que quedar no lugar onde lle tocou nacer"
O escritor galego presenta o seu último libro sobre a emigración en Cuba
Cristina Pichel | VILA DE CRUCES
-Residiu en Cuba dende 1961 ata 1992. Pódese dicir que o libro é un traballo de toda unha vida?
-O libro é resultado dunha acumulación de moitos artigos sobre músicos, pintores, políticos, pescadores, naturalistas, libreiros, etc., que chegaron a Cuba dende a terra galega. Pasei 27 anos investigando a emigración na illa, en como os homes galegos refacían a súa vida e formaban unha familia. Ademais, fun un divulgador da cultura de Galicia en Cuba e publiquei moitos traballos na prensa sobre a miña terra nai.
-Como foi a vida do emigrante galego en Cuba?
-Para todo emigrante, a vida nun país estranxeiro é dura ao principio. Fóronse facendo un oco como taxistas, camareiros e sobre todo, pescadores. Algúns, pero os poucos, fixéronse ricos co tabaco e outros convertéronse en filántropos. Máis de 120 galegos formaron parte do exército cubano na Guerra de Independencia. Todos se cubanizaron moi rapidamente.
-E hoxe, que queda deles?
-A maioría morreron, aínda que hai algún tempo había aínda 15 galegos de 100 anos en Cuba. Os galegos que quedan na illa son todos moi maiores, pero estes pasáronlles os costumes da nosa terra ás seguintes xeracións.
-Costumes que aínda seguen presentes na illa...
-Efectivamente. En Cuba, Galicia ten un recoñecemento especial. Moitos cubanos son fillos e netos de galegos e é esta segunda e terceira xeración a que está levando a cabo o labor cultural na illa. Todo en Cuba recorda a Galicia. Nos restaurantes ofrecen cachelos, lacón e caldo. Na fala popular cubana hai moitas palabras galegas como morriñoso, botafumeiro ou escarranchado e o apelativo gallego refírese ao fillo máis robusto da familia, entre outras acepcións.
-E se tivese que elixir entre Cuba ou Galicia para vivir no sucesivo?
-Ao final, un ten que quedarse no lugar onde lle tocou nacer. Dende que estou aquí xa fixen varias viaxes a Cuba e boto moito de menos o clima, pero tamén á xente, porque o pobo cubano é humilde e moi xeneroso.
-Humilde tamén era Balbino. Que queda hoxe dese neno labrego?
-Balbino aínda segue dando guerra. Os nenos de hoxe en día cambiaron, pero seguen lendo a obra. Ademais, pronto vaise publicar un libro en homenaxe a Balbino, onde colaboraron varios autores. Porque Balbino xa fai cincoenta anos.
- Galicia es la segunda comunidad con los niveles más bajos de calidad de vida
- Un conductor se da a la fuga en A Coruña tras un accidente en San Cristobal
- Escudero y Yeremay condicionan los fichajes y las pujas del Deportivo en el mercado
- Jorge Andrade: 'En el Dépor muchos compañeros no se hablaban durante la semana y en las cenas eran los mejores amigos
- Frente al tabú de la incontinencia, en A Coruña: 'Invalida tu vida en todos los sentidos
- El supermercado asiático más grande de A Coruña aterriza en Agrela
- Un gallego, una de las víctimas del grave accidente de Segovia
- Plantón del Gobierno al inicio de obra de 50 pisos de la Xunta por «falta de respeto»