A cantautora norteamericana debutou discograficamente no ano 2005 e neste período xa publicou cinco discos, polo que comprobamos que non lle falta inspiración para compoñer.

O nome deste último traballo vén dado porque foi gravado nos estudos Bear Creek, radicados en Washington.

O álbum comeza de xeito sobranceiro ao escoitar pezas de moita valía, como Hard Way Home, Raise Hell, Save Part Of Yourself e That Wasn't Me, que exerce como single da obra. Logo vaise desinflando un chisco, pero resultaba difícil manter o nivel anterior. En calquera caso, Carlile é unha artista á que convén non perder de vista.