20 de marzo de 2013
20.03.2013
Ilustración

Suso Cubeiro: fantasía y lápiz

"Antes as editoriais non nos recoñecían a autoría dos libros aos ilustradores"

20.03.2013 | 20:39
O debuxante Suso Cubeiro. / JUAN VARELA

En moi contadas oportunidades, os libros teñen orixe nunha relación entre o autor e máis o ilustrador, pero este é, xustamente, o caso de A costureira das ánimas. Até que punto influíu o ilustrador na historia que se conta e, á súa vez, a autora do texto nas ilustracións? – Neste caso trátase dunha coautoría do texto. Eu imaxinei a historia, construín o fío narrativo e fixen o primeiro borrador. Á noitiña llo lía a Ana e ía opinando e dando ideas para o día seguinte.

Cando omeu borrador estivo ramatado colleuno ela e reescribiuno, meteulle anécdotas e puíu o texto de maneira que quedara redondo. E aí está o resultado. – Por onde comenzou este libro: polas ilustracións ou polo texto? –A ver, eu o primeiro que teño que ter é unha imaxe namente. A imaxe chegoume na sala de espera do médico; alí paso moito medo. Na sala lin, nun periódico de comarcas, un artigo sobre as costureiras de hai algúns anos, que andaban coa máquina de coser ás costas polas aldeas e camiños. A que escribía o artigo fora costureira e sabía ben do tema.

Entre medo e medo, fun maquinando o principio da historia e un día, no que non tiña moito que facer, púxenme co texto. Ao tempo de escribir „ou antes, que escribo lento e con dous dedos„ ía maxinando as imaxes coma se fora unha película. A mágoa que teño é que, cos nervos, nin quedei cun exemplar do periódico, nin co nome da autora do artigo. – Os ilustradores galegos de libros están hoxe, en xeral, moi ben considerados incluso fóra de Galicia pero, como estaba o panorama cando vostede comenzou a dedicarse a este oficio? –O panorama cambiou, e bastante.

E o principal cambio foi o recoñecemento da autoría da obra. Hai quince anos, as editoriais só consideraban autor a quen escribía o texto, e isto incluía os álbums ilustrados. Hoxe en día parece un anacronismo, pero foi unha das primeiras reivindicacións que propuxemos cando fundamos a asociación de ilustradores. – Vostede ten feito todo tipo de traballos de ilustración, pero recoñéceselle unha especial habilidade ao retratar a temática que atingue á natureza. De onde lle vén esa vocación de pintor da natureza ou "pintor da Terra", como din algúns? – Eu nacín na Coruña, pero aos nove anos o meu pai, que era un ´raro´ naqueles tempos, desfíxose do piso que tiña alí e mercou unha casa no campo, perto de Carral.

A mocidade paseina alí, e iso debeume marcar algo. Cando, xa de adulto, voltei á cidade soñaba arreo con retornar ao campo e, como sempre ando a soñar esperto, cando facía as ilustraciós maxinaba campos, casiñas de pedra e paxaros, coellos ou lobos quemeter dentro delas. Vinte anos despois, fun quen de facer realidade o meu soño e xa vivo nunha casiña de pedra, cunhas árbores cheas de paxaros e unha lareira para quentarme no inverno e, como non veña un asteroide deses e caiga enriba da casa, xa non cambio. – Séntese especialmente influído ou admira a algún pintor ou corrente artística da historia contemporánea da plástica galega? – Unha chea deles, pero a quen recordo con especial agarimo é a Tomás Barros.

Cando aínda comenzaba a facer algo no eido artístico, ía moito pola súa casa „son moi amigo de Araceli, a súa filla„ e falábame das correntes pictóricas que el admiraba. El quería chegar ao abstracto partendo dunha evolución do figurativo, cousa que nunca chegou a facer e, aínda que estou nas antípodas da abstracción, quedeime coa súa honestidade á hora de encarar un traballo, a capacidade de análise e o pracer da cousa ben feita. – Un dos libros que vostede ilustrou está dedicado a Félix Rodríguez de la Fuente.

Que é máis doado: retratar, ou debuxar, unha persoa ou un animal? – Vaia€! Un raposo é un raposo, e todos son parecidos entre eles; un xílgaro é un xílgaro e pásalle omesmo. Unha persoa ten que parecerse ao orixinal e transmitir algo do seu espírito, pero cando xa levas máis de trinta anos no oficio, a cousa venche ser a mesma. – Algunha vez un escritor rexeitou as súas ilustracións por considerar que non reflectían o que el quería contar? – Creo que non, pero ao fío do asunto teño unha anécdota que me parece divertida.

Unha vez fixen un libro de texto„para unha editorial católica„ no que había unha narración, creo que de Carlos Casares, que tiña que ilustrar. Nela falaba dun rapaz que se bañaba espido baixo a ponte romana do Miño, en Ourense. Ailustración debería de medir dezoudoce centímetros; ao lado da ponte aparecía o rapaz, así que podes imaxinar o seu tamaño. Debuxeino de costas e víaselle o cu, dun milímetro, aproximadamente. Ben; pois o rapaz, que na narración se bañaba nu, apareceu no libro cun fermosobañador verde.

Outra queme rexeitaron, agora que me lembro, foi unha na que pintei a Xesuscristo sorrindo. ´ Xesús era hierático. Aquen se lle ocorre facelo sorrindo!´. – Vostede tamén ten ilustrado obras como A volta ao mundo en 80 días e outros clásicos da literatura universal. Cando se enfronta a un labor destas características, procura documentarse sobre o traballo que fixeron outros ilustradores sobre ese mesmo libro ou prefire ilustralo de acordo cunha lectura persoal? – Aínda que cando abro un libro ilustrado, miro moito as ilustracións, cando teño que ilustralo eu procuro esquecerme das outras publicacións para que non me inflúan ou, ao mellor, paranonacomplexarme.

Imaxina queme propoxesen facer A balada do anciano mariñeiro, que ilustrou Doré; ao coñecer as ilustracións del, xa non me quedaría outra que rexeitar o traballo. Documentar, documéntome, pero sobre todo para captar a ambientación e máis a vestimenta. – Atráeno o mundo da banda deseñada ou é un xénero ben máis distinto do que parece respecto do que vostede fai? – Curiosamente, o primeiro traballo profesional que fixen foi un cómic sobre a vida de Castelao. O primeiro e o último no eido da banda deseñada. Admiro moi en serio o traballo dos ´comiqueiros´, máis que nada porque despois daquela experiencia xa sei que non son quen de facelo.

– Alguén que é bo pintor resulta ser sempre tamén un bo ilustrador? – Aínda que os dous teñen un, digamos, principio común, que ven ser o debuxo, a verdade é que teñen pouco que ver. É como si consideramos parecido o feito de conducir unha pa escavadora e un camión con remolque, os dous vehículosmóvense cuns mandos, pero as similitudes rematan aí. Poucos pintores ilustraron ben un libro e son poucos os ilustradores que pintan. – Cál é a novela ou relato que lle gustaría ter ilustrado, pero que aínda non lle deron a oportunidade de facelo? – Sen dúbida, Las ratas de Delibes.

Intenteino hai anos, pero o editor non considerou interesante ter ilustrada esa obra. É unha pena, porque imaxes xa ten unha chea delas. Outro ao que tamén lle teño ganas é a Pescador de Islandia de Pierre Loti.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario