O escritor cruceño Xosé Neira Vilas faleceu esta mañá na súa vivenda de Gres. O autor de "Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de "Querido Tomás", prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome.

Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Real Academia GalegaPremio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" gallego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.

Velatorio de Neira Vilas no Panteón de Galegos Ilustres. // Xoán Álvarez.

Tras a homenaxe póstuma de esta tarde, no Panteón de Galegos Ilustres, onde o mundo da política e da cultura vela os seus restos mortais, o enterro terá lugar mañá ás 17:30 horas na súa parroquia de Gres (Vila de Cruces), onde o Concello declarou dous días de loito oficial.

Perfil

Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa jubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.

View the story "Falece o escritor Xosé Neira Vilas" on Storify