Xosé Luís Méndez Ferrín lamentaba onte á noite "profundamente" a morte de Neira Vilas, que foi o seu amigo durante moitos anos. "Eu propúxeno para entrar na Real Academia Galega e sempre lle agradecín o moito que nos favoreceu na resistencia antifranquista na clandestinidade co envío de abundante documentación comunista desde Cuba, achegándonos moitos xornais, revistas e libros", lembraba o escritor e expresidente da Academia.

Ferrín foi tamén sempre un gran defensor da calidade literaria de Neira Vilas e lembra que "cando se criticaba o socialrealismo da súa obra Memorias dun neno labrego e a súa actitude política eu sempre o defendín", conclúe.