Carlos Casares será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017. O escritor ourensán impúxose este mediodía na votación do plenario da Real Academia Galega (RAG) a Ricardo Carvalho Calero, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales. O encargado de comunicar a personalidade literaria elixida foi o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, quen tamén avanzou o nomeamento de Marilar Aleixandre como académica numeraria da institución.