Xa temos a palabra galega do ano 2018. 'Deseucaliptización' é a gañadora da votación promovida polo Portal das Palabras e na que se recibiron 5.724 dos que a palabra vencedora recibiu máis da metade: 3.114. Seguno os organizadores da competición lingüística, este neoloxismo, que non está recollido no Dicionario da Real Academia Galega, "reflicte a crecente preocupación pola xestión dos nosos montes".