A artista maliense estará presentando o domingo 12 de maio, no Auditorio de Ferrol, o seu disco Fenfo. O título da obra significa "algo por dicir" e a artista manifestou que non está disposta "a comentar que todo está ben cando non o está" e iso nótase na temática das cancións desta obra, a segunda na súa carreira como solista. Adoita suceder que os artistas africanos son moi combativos nas súas letras respecto aos temas sociais e políticos que inzan o continente. Este novo álbum significou un pulo para a andaina de Fatoumata, quen ofrece un estilo moi contemporáneo nas súas creacións. A obra ocupou o número un na lista de World Music Charts Europe.