É a gran voz do fado masculino e unha referencia incuestionable que acaba de anunciar que vai deixar os escenarios neste 2019, cando cumpre oitenta anos "Hai persoas que teñen unha gran capacidade de durar até os 90 ou100 anos a cantar, mais ese non é o meu caso", sinalou nun comunicado para os medios o cantante, fillo da fadista Lucília do Carmo. Os seus derradeiros concertos serán o 2 de novembro no Coliseu do Porto e sete días máis tarde no Coliseu dos Recreios lisboeta. Foron cincuenta e sete anos de andaina que aínda terán un engadido en formato de disco, posto que está en fase de gravación o seu novo álbum, un traballo previsto para finais de 2018 que debeu ser adiado por problemas de saúde.