Mellor tema orixinal
►BEROBREO BLUES
Intérprete: Anxo Lorenzo
Esta peza achega unha nova vía ao estilo musical do artista por esa deriva cara ao blues que desprega no tema.
►DEIXAAS
Intérprete: Mercedes Peón
Esta é a peza que abre o álbum e marca o vieiro seguido pola coruñesa nesta obra con sabor vangardista.
►O PRIMEIRO BAILE
Intérprete: Susana Seivane
A gaiteira lanzouse á composición, como nunca antes fixera, e este tema concitou o interese do xurado.
►CICLOTIMIAS
Intérprete: SondeSeu
Esta coidada composición de Quico Comesaña para a orquestra folk galega conseguiu meterse entre as catro elixidas. Mellor artista
►ANXO LORENZO
O de Moaña é un gaiteiro virtuoso e nesta ocasión apostou máis polas composicións propias, o que sempre reforza a personalidade musical dun artista.
►MERCEDES PEÓN
Ninguén fai o que ela e iso indica que posúe un estilo propio moi marcado. Aposta polo risco e, guste máis ou menos, amosa que é unha grande artista.
►RODRIGO ROMANÍ
Nova aparición neste apartado do noiés. Xa gañou este galardón e volve aparecer grazas a un traballo construído con gusto, baseándose na súa querida arpa.
►BELÉM TAJES
É a autora dos arranxos que levan a pezas da nosa tradición musical ata ritmos inusuales. A artista realizou esa difícil tarefa con boas luces. Mellor Adaptación dunha peza tradicional
►MAR ANTIGO
Intérprete: Milladoiro
O traballo da histórica formación volve incidir nesa sonoridade tan característica, da que este tema é unha perfecta mostra.
►SALVADORA
Intérprete: Habelas Hainas
Estas mulleres están cómodas traballando na música da terra e souberon facer unha peza con tirón popular.
►AI, Á RIBEIRA
Intérprete: Tanxugueiras
Este tema abre o disco e constitúe unha boa carta de presentación do estilo que pretenderon ofrecer no álbum.
►MORENIÑA
Intérprete: Vudú
Foi unha carta de presentación do dúo en formato vídeo e unha chamada de atención sobre o que estaban dispostas a facer.
Mellor Disco
►ATLÁNTICO
Intérprete: Milladoiro
No disco mestúranse pezas de composición de tres músicos da banda canda esa revisión, sempre intelixente, das pezas tradicionais.
►DEIXAAS
Intérprete: Mercedes Peón
Un traballo de espazos e volumes sonoros para poder construír unha proposta conceptual moi persoal.
►TANXUGUEIRAS
Intérprete: Tanxugueiras
Debut que chamou a atención no que fan valer as súas voces e teñen o apoio de Pedro Pascual nos arranxos.
►BEIRALÚA
Intérprete: SondeSeu
No disco decidiron contar con varios compositores galegos de prestixio e tamén elaboraron versións de pezas moi coñecidas.