A Boban Markovic Orkestar levaba seis anos sen editar un disco e agora ese baleiro cúbreno coa saída de Mrak (Escuridade), unha obra que

logrou situarse no número un da lista de World Music Charts Europe, elaborada por corenta e sete xornalistas europeos especializados na música de raíz. Co liderado do trompetista que dá nome á banda, esta formación caracterízase pola variedade de instrumentos de vento que forman o grupo. Saxofóns, trompas, trombóns, trompetas e tuba son o eixe sonoro, que está acompañado por batería, percusións e un acordeón.

O álbum presenta toda unha declaración de intencións sonoras do que adoitan facer este tipo de formacións balcánicas, onde salienta o espírito festivo que sempre pretenden incorporar ao repertorio. Polo tanto, a escuridade do título desta obra quedase aí, no nome do traballo, posto que

as músicasson festivas e luminosas.

O líder do conxunto compón tres dos doce temas, sendo case todos os demais adaptacións de pezas tradicionais que arranxa o propio Markovic. Tamén existe lugar para unha creación de Mica Ostojic e unha versión dunha canción dos Gipsy Kings que xa estiveron interpretando nos

escenarios neste últimos anos, onde acostuman ter moito éxito pola enerxía despregada. A orquestra participou en varias bandas sonoras, entre

elas a de Underground, o filme de Kusturica.