16 de noviembre de 2019
16.11.2019

Najla Shami edita o seu segundo disco

Na nova obra, a artista é a compositora de todas as cancións

16.11.2019 | 03:12
Najla Shami, cantando nun concerto. | LA OPINIÓN

A cantante galega Najla Shami, de orixe palestina, publica o seu segundo álbum como solista, unha obra na que canta en galego, castelán e árabe. Na faceta musical, a artista bota man da mestizaxe e a fusión e iso vese claramente á hora de abordar as composicións do novo traballo. A artista é a autora da música dos doce temas incluídos no disco e de case todas asletras. Nun par delas é coautora e noutra elixe un texto de Federico García Lorca, ao que titulou Si Muero.
Shami xa comentara nestas páxinas que a súa influencia arábiga sairía nalgún momento da súa carreira musical, mais que non quería forzala e agora veu o momento axeitado para facelo. "Cando meu pai chegou a Galicia non estaba de moda a interculturalidade e o que pretendía, fundamentalmente, alguén de fóra era integrarse plenamente".O álbum está dedicado a o seu proxenitor Haizad Farid El Shami.
O produtor da obra é o músico Pedro  Pascual, quen ten a confianza da artista galega, posto que xa leva varios anos traballando con ela.
O anterior disco da cantante foi Na lingua que eu falo, editado en 2003 con textos de Rosalía de Castro, que logrou serfinalista en dúas categorías nos PREMIOS OPINIÓN da Música de Raíz. Shami tamén actuou nunha gala de entrega dos galardóns, onde xa fixera un adianto dunha peza interpretada en árabe. Tanto ese traballo como o que acaba de presentarforon publicados en formato libro-disco pola editorial Galaxia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario