O mosense Xulio Lorenzo comezou a súa andaina como solista hai dous anos, coa edición de Cantos da ialma.

O gaiteiro e frautista vén de publicar Volver soñar, un novo paso musical que ten os mesmos alicerces sonoros que a súa ópera prima. Aínda que hai algunha peza tradicional, case todos os temas son da autoría do propio Lorenzo, quen tamén achega a súa voz nalgún tema. Na parte vocal acompañouse de Belém Tajes, das cantareiras Arume de Guizán e dos pandereteiros Calviño, Blanco e Cabaleiro.