XIX Premios Opinión Música de Raíz: Coñece os finalistas
Case todos os traballos con finalistas proveñen de óperas primas ou de segundos discos, o que ofrece novas perspectivas dentro da música de raíz galega

XIX Premios Opinión Música de Raíz: Coñece os finalistas
Óscar Losada | A CORUÑA
Nesta décimo novena edición dos Premios Opinión da Música de Raíz vemos que existen máis discos que contan con finalistas nalgún apartado que en ningunha outra ocasión, se ben é verdade que dende o ano pasado existe unha categoría máis coa creación do premio á mellor adaptación dunha peza tradicional galega. Chama poderosamente a atención que, agás Fiandola, todos os artistas elixidos polo xurado editaron en 2019 a súa ópera prima ou o segundo traballo discográfico. Germán Díaz e Benxamín Otero xa traballaran conxuntamente, pero é a primeira vez que publican unha obra como dúo. O seu Trece cancións bonitas entra na historia dos galardóns, posto que é o primeiro álbum que logra estar presente como finalista nas catro categorías. O zanfonista Germán Díaz pode recuncar como mellor artista, premio que xa gañou na décimo cuarta edición.
Tanxugueiras fan un trío
Elas son un trío e tres son as candidaturas que logran nesta ocasión, superando nunha á da anterior edición, na que realizaran o seu debut. Desta volta engaden a mellor canción orixinal, xa que en Contrapunto decidiron dar un paso ao fronte e acometer o labor de compositoras, ademais de realizar arranxos de pezas tradicionais galegas. Na anterior ocasión non levaron ningunha estatuíña a casa, pero agora teñen unha opción máis para se facer con ela.
O cuarteto Entre Trastes aproveitou a ocasión de tocar na gala de entrega da anterior edición dos galardóns para gravar varias pezas en directo dese pequeno recital que foron incorporadas a Umami, segundo disco da formación viguesa. O primeiro publicárano hai máis dunha década e neste deron un certo xiro estilístico co seu achegamento ao bluegrass norteamericano. Optan ao premio como mellor tema orixinal e álbum do ano.
Nelson Quinteiro uniuse ao pianista Brais González, na súa primeira colaboración discográfica, para realizar Músicas de domingo, na que sobrancea esa Xota do norte que ocupa un lugar entre as pezas escollidas. O pianista logrou os votos suficientes para estar entre o cuarteto finalista como mellor artista.
Hai varios proxectos que lograron coarse cunha única candidatura entre os elixidos. Zoelas é unha formación composta por cinco cantareiras e tres músicos. Evelaités supuxo a súa presentación oficial e nela aparece Teste que levantar, canción que logrou o beneplácito do xurado.
Na categoría de mellor artista atopamos a Xurxo Iglesias. Coñecido por tocar durante varios anos o bouzouqui na banda de Susana Seivane, decidiu publicar o seu primeiro traballo discográfico, no que achega composicións variadas que deixan ver como afronta a música folk. Xoán Curiel xa fora finalista en dúas categorías e agora volve estar na de artista máis destacado. Un aspecto novidoso é o da inclusión de Faia Díaz con Ao cabo Leirín, xa que é unha obra que non se vende fisicamente e pode descargarse de balde na súa web. Os novos tempos inclúen ese tipo de formatos e a idea dos premios sempre é a de sumar propostas incluídas na colleita musical anual. Pola súa banda, Fiandola aparece cun tema con voz feminina, incluído en Cordame, que ofrece unha boa medida da evolución do grupo.
- Las alternativas para entrar y salir de A Coruña durante el corte total de A Pasaxe durante una semana
- Una hostelera de Oleiros sufre un desmayo en su local y se queda sin baja laboral por ser autónoma
- De O Burgo al mundo: así es Jagger, el impresionante gran danés de 85 kilos que ha fichado Zara
- El auge de las lavanderías en A Coruña hace que pasen de solución puntual a rutina semanal: 'Hay gente que ya no tiene lavadora en casa
- Tino Fernández, fortunas locales, la banca andorrana.... el quién es quién de la construcción en A Coruña
- El local de A Coruña que ha logrado el bronce a la mejor hamburguesa de Galicia: 'Vendemos 1.500 al mes
- El juzgado cita a declarar a Benito Portela tras ser denunciado de nuevo por desoír la orden de derribo de dos edificios de Sada
- Corte total del tráfico en uno de los principales accesos a A Coruña durante Semana Santa: este es el motivo