Cantareira, Palabra do Ano 2024 da Real Academia Galega
O vocábulo consegue o 25% dos apoios na votación popular impulsada pola RAG e Fundación Barrié, seguida de 'meu' e 'fala'
EP
A palabra 'cantareira' foi a elixida na votación popular impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié para escoller a palabra do ano 2024.
"A palabra do ano 2024 soa a poesía e música, a ganas de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva, a lingua propia (...). Unha chamada colectiva a mirar con ilusión cara ao futuro que está a piques de comezar, un novo período de 12 meses no que Galicia enteira lle renderá homenaxe ás mulleres que durante séculos mantiveron vivo, transmitiron e enriqueceron o cancionero popular e o idioma do país", destacan nun comunicado.
E é que a palabra 'cantareira(s)' designa ás protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, festa que a RAG dedicará á poesía popular oral e ás mulleres que cantan e crean cantigas.
"O anuncio o pasado mes de xullo desta decisión alcanzou unha enorme repercusión social, seguramente sen precedentes, que mostra o recoñecemento da súa contribución á creación e á conservación dun tesouro patrimonial colectivo, no que poesía e música son dous partes indisolubles", remarcan.
Con todo, a RAG apunta que esta elección apela tamén ás novas xeracións de intérpretes e creadoras que "beben desta herdanza dun pobo que segue cantando en galego e que atopa nesta forma de expresión unha maneira contemporánea e vivificadora de proxectar no mundo toda a súa creatividade e potencia cultural".
Un 25% dos votos
'Cantareira', co 25% dos votos, foi a palabra con máis apoios dos participantes. A segunda opción, cun 23%, foi 'meu, miña', "outra proposta que remite á oralidad e que apareceu entre as finalistas como alternativa do anglicismo 'bro', apócope de brother (irmán)".
A terceira palabra máis votada foi 'fala', coa segunda acepción que recolle o dicionario, "lingua natural propia dunha comunidade humana". Cun resultado moi próximo, obtivo a cuarta posición 'aparvar(se)', referido á preocupación polos efectos do consumo excesivo de contidos en redes sociais.
En quinto e sexto lugar quedaron 'dina', substantivo formado a partir do acrónimo da locución 'depresión illada en niveis altos', referido á traxedia de Valencia, e o sintagma nominal 'emerxencia climática'.
- Alegría para los conductores en España: no tendrán que pasar la ITV a partir de 2025 si su coche está en este listado
- Así serán las bajas médicas a partir de 2025: Un nuevo sistema que evaluará la situación de cada trabajador
- Lucas Pérez se irá al Rayo si pacta su salida del Dépor
- Ikea recupera la estantería para el baño que arrasa entre los jóvenes: menos de 6 euros y se monta sin obra, ni agujeros
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Una influencer madrileña se deshace en elogios con 'el restaurante más icónico de A Coruña': 'Menos de 15 euros por cabeza
- Un soltero de 'First Dates' abandona la cena tras conocer la confesión de su cita: 'No podría tener una pareja que hace eso
- El Como sube la oferta por Yeremay pero el Dépor se aferra a la cláusula