A coruñesa Lucía Veiga, nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual
Converterase na novena presidenta da institución, terceira muller

Lucía Veiga, na alfombra vermella dos Goya / "Associated Press/LaPresse Fermin Rodriguez". LAP
Europa Press
A actriz coruñesa Lucía Veiga converteuse na nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual, cargo que desenvolverá durante os próximos dous anos e no que substitúe a Álvaro Pérez Becerra.
A elección, tal e como recollen nun comunicado, tivo lugar nunha asemblea xeral da entidade celebrada o venres 30 de maio na que Lucía Veiga foi escollida entre os socios da Academia.
Lucía Veiga convértese así na novena presidenta da institución e a terceira muller en ocupar o cargo. Actriz, humorista e presentadora de televisión, Lucía é coñecida polas súas aparicións en programas da TVG como Malicia Noticias, Luar e Malo Será, e por papeis en series como Rapa, Vivir sen Permiso, Serramoura e A Desorde que Deixas.
Foi nomeada aos Premio Goya polo seu papel en Soy Nevenka, cinta de Icíar Bollarín e gañou tres Premios Mestre Mateo consecutivos polos seus traballos como comunicadora no programa Malicia noticias, e como actriz na serie Rapa e na película As Neves.
"Estou moi agradecida pola confianza que deposita en min esta Xunta Directiva para encabezar a candidatura e polo apoio da Asemblea. Son consciente do reto, das tarefas e da responsabilidade e, con esa vertixe que dá o descoñecido, tentarei estar á altura", comenta a recentemente elixida presidenta.
Entre os seus obxectivos principais, apunta, está continuar coa liña de diálogo e de acordo aberta polas xuntas anteriores e que as persoas asociadas perciban o valor que lles achega esta institución, "que sentan representadas".
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- Roberto Leal confirma la noticia sobre Manu y Rosa de Pasapalabra: 'Están felices
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487
- La confesión de Manu en Pasapalabra tras ganar: “Me habéis dado la mejor época de mi vida y no la olvidaré nunca”
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Yunio Barrueta: «Con la temporada que tuve, merezco tratar de mantenerme en la ACB»