Falece o arqueólogo e historiador Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta, membro da RAG
Profundo coñecedor da historia e da arqueoloxía da súa cidade na antigüedade, foi director do Museo Municipal de Ourense

Rivas, nunha foto do arquivo da RAG / Fernando del Río
Europa Press
A Real Academia Galega mostrou a súa pesar pola morte de Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta, arqueólogo, historiador e membro correspondente da institución, que faleceu este mércores en Ourense, onde nacera en 1934.
Profundo coñecedor da historia e da arqueoloxía da súa cidade na antigüedade, foi director do Museo Municipal de Ourense desde a súa inauguración en 1987 ata a súa xubilación no ano 2003.
Tal e como destacou a RAG, recoñecido epigrafista e erudito de formación autodidacta, Juan Carlos Rivas procedía dunha familia comprometida na vida cultural da cidade. Era académico correspondente da Academia desde 1977, a proposta de Xesús Ferro Couselo, Xaquín Lorenzo e Xesús Taboada Chivite.
Topógrafo de formación e funcionario municipal de profesión, o seu traballo permitiulle un coñecemento directo das antigas vías ourensás e, por extensión, da arqueoloxía e da historia ourensá no seu conxunto nas etapas romana e prerromana.
Entre os seus traballos, destacan os dedicados á historia da diocese ourensá, ao rol do Parochiale Suevorum e na monografía A Ponte Maior. A razón de ser dunha cidade: A ponte romana medieval de Ourense, na que analiza en detalle a orixe deste monumento, a súa evolución ao longo da historia e o seu impacto na conformación actual da cidade.
En 1979 recibiu o premio colectivo Otero Pedrayo polo seu traballo no seo da sección de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, distinción que se lle concedeu de novo en 1983 polo seu traballo no Grupo Marcelo Macías. No ano 2014 recibiu o Premio da Cultura Galega na categoría de Patrimonio Cultural.
- La empanada de A Coruña que triunfa por su masa y relleno: 'Algunos cogen el coche para venir a por ella
- El 'paraíso de la desconexión' está a 30 minutos de A Coruña y a solo 2 de la playa: piscina privada, restaurante y apto para mascotas
- Inditex consolida en A Coruña sus ocho fábricas, que facturan 1.400 millones
- La coruñesa Vaca Films rueda en Oleiros capítulos de la segunda temporada de ‘Clanes’
- El edificio de San Roque se salva de ser demolido tras casi 20 años de conflicto
- Luismi Cruz, un fichaje determinante para el Deportivo: 'Puede cambiar el sentido de los partidos»
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa
- Miguel Bosé deslumbra en el Coliseum