Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Resumen de 2025 en Galicia: Chuvia de Premios Nacionais no ano das cantareiras e de Castelao

O Día das Letras Galegas máis popular e celebrado dos últimos tempos foi o dedicado ás cantareiras, focalizado en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda (Malpica) e celebrouse o Ano Castelao

Miriam Reyes.

Miriam Reyes. / LAVANDEIRA

M.M.

Este ano 2025 volveu consagrar as letras e a artesanía galega con varios premios nacionais do Goberno español así como co Premio Barco de Vapor. A poeta Miriam Reyes logrou o Premio Nacional de Poesía con Con, editado por La Bella Varsovia. Pola súa parte, a bailarina e actriz do Porriño Janet Novás fíxose con Premio Nacional de Danza —compartido con Guillermo Weickert—. Ademais, a compañía compostelá Pista Castro conseguiu o Premio Nacional de Circo. Xa no remate do exercicio o galego Aitor Martínez traía para o seu obradoiro de madeira o Premio Nacional de Artesanía ao mellor produto. Foi un ano de luxo ao que hai que engadir o Premio Barco de Vapor para Ledicia Costas para a obra Feriópolis. Tampouco hai que esquecer que Ángela Banzas foi finalista do Planeta. Por último, hai que lembrar que Galaxia cumpriu 75 anos cun programa cheo de actos e un concurso de novela que gañou Fernando Castro.

Galicia perdeu neste ano que remata a destacados nomes como o actor Manuel Lourenzo, o presentador Xosé Manuel Piñeiro, Mariluz Montes, Bernardino Graña, Emilio Cao, Manuel Alonso ou Celso Bugallo. Morreu tamén Antonio Ferreiro, fundador dun dos templos do jazz de Galicia, o Jazz Filloa da Coruña.

Tracking Pixel Contents