Armando Requeixo gaña o 'Álvaro Cunqueiro' cun artigo publicado nun diario do grupo Prensa Ibérica
O xurado distinguiu o seu traballo sobre o autor de Mondoñedo como gastrónomo, publicado en Faro da Cultura | O estudo ‘Masa e zaragallada’, mellor obra académica

Armando Requeixo. / Marta G. Brea
Xan Salgueiro
O xornalista, crítico literario e investigador Armando Requeixo Cuba foi o gañador do XXXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro polo artigo O contemplador de estrelas. Álvaro Cunqueiro, gastrónomo, publicado no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo, do mesmo grupo que LA OPINIÓN, o 18 de decembro de 2025. O galardón, dotado con 4.000 euros, seralle entregado o 31 de xaneiro durante a Gala da Gastronomía de Galicia.
O xurado concedeu o galardón por unanimidade, destacando a alta calidade literaria do texto, así como a súa capacidade para afondar con rigor e sensibilidade na figura de Álvaro Cunqueiro, poñendo en valor a súa faceta como gastrónomo e a súa estreita relación coa identidade culinaria e cultural de Lalín. O traballo propón un percorrido pola obra do autor mindoniense desde unha perspectiva xornalística e ensaística que combina divulgación, análise literaria e memoria gastronómica.
O premio está convocado polo Concello de Lalín, en colaboración coas asociacións gastronómicas galegas, e consolidouse ao longo das súas trinta e dúas edicións como unha das principais distincións do xornalismo gastronómico a nivel estatal. Na mesma sesión, celebrada no Concello de Lalín, o xurado acordou conceder o Premio ao Mellor Traballo Académico, dotado con 1.000 euros, ao estudo Masa e zaragallada, realizado por Antón López Eiroa, Javier González Rodríguez e Abraham Rodríguez Santamaría, polo seu destacado labor xornalístico, así como polo coidado tratamento gráfico e polo desenvolvemento da reportaxe multimedia.
O xurado do XXXII Premio Nacional Álvaro Cunqueiro estivo presidido por José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, e contou como vogais con Martín Fernández Vizoso, directivo da Asociación de Periodistas de Galicia; os xornalistas Alberto Barciela Castro e Xosé Ramón Pousa Estévez; Belén Xestal Ares, comunicadora; María José Imia Vázquez, representante de Turismo de Galicia; Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; e Begoña Blanco Blanco, concelleira de Turismo de Lalín. A secretaría do xurado correu a cargo de Inmaculada Vilariño Vázquez, do gabinete de comunicación do Concello de Lalín.
- El Ayuntamiento de A Coruña anuncia una campaña de inspección de pisos turísticos, de los que prevé cerrar más de 700
- Una tala marca el inicio de los trabajos en la futura urbanización de A Xunqueira, en Oleiros
- Cocidos en A Coruña y su área por 15 euros: 'Hay gente que viene todas las semanas a comerlo
- Doble protesta de transporte en A Coruña este miércoles: huelga indefinida de bus y paro de algunos maquinistas
- El Concello de A Coruña ordena al dueño de un edificio de las galerías de la Marina tomar 'medidas urgentes' ante la caída de piezas a la calle
- Luz verde ambiental para la construcción de 160 viviendas en A Penouqueira, en Arteixo
- La borrasca 'Nils' entra en Galicia con alerta roja en A Coruña por olas de 9 metros
- Un bache de grandes dimensiones obstaculiza la circulación en la ronda de Nelle de A Coruña