furna atlántica

Sevilla

Sevilla

Sevilla

moncho viña

Non é o Sevilla unha entidade con historia de conflitos especiais co Deportivo. Nunca xogamos contra eles nada decisivo coma por exemplo contra o Valencia, contra o Madrid ou contra o Celta pero na memoria quedan dúas perlas. Unha coñecida por todos e outra que non pasa de ser unha apreciación persoal. Empezo por ésta: sucedeu no primeiro tercio da temporada 92-93. O Deportivo empezara a Liga moi forte, pero ainda observabamos con certo recelo o que podían dar de sí Bebeto, Mauro Silva ou incluso Adolfo Aldana, que acababan de chegar. Aquel partido do Sánchez Pizjuán era o primeiro test de suficiencia, o primeiro examen serio fóra da casa. O Deportivo fixo un partido, simplemente, espectacular. Robusto en defensa e medio campo e áxil e lixeiro en ataque. Gañou o equipo que dirixía Arsenio por 1-3, pero mais aló da vitoria o que me impactou foi a sensación de solidez. Esta opinión foi unánimemente compartida polos seguidores sevillistas que falaban maravillas do rival. Tanto que oscureceu a presencia no palco de Maradona, que acababa de fichar polo equipo andaluz, etapa curta e moi pouco exitosa. Ainda tardaría algún tempo, bastante tempo, en darse co nome co que pasaría á historia pero para min, naquel partido de Sevilla, acababa de nacer o Superdépor.

Na segunda volta desa temporada sucedeu en Riazor a anécdota que deu a volta o mundo. Un futbolista do Sevilla lesionou a un do Deportivo, xusto enfrente do banquiño dos andaluces, e o médico do Sevilla saeu á presa para auxiliar o deportivista ata que tivo que frenarse o escoitar a Bilardo, daquela técnico dos de Nervión, decirlle " ¡Los nuestros son los coloraos?!". Alusión directa o doutor para que non curase a futbolistas do equipo rival.

Nos últimos tempos, con Caparrós, sevillista acérrimo, como técnico do equipo coruñés empezou a emerxer unha rivalidade con escasa historia.

Posibilidades do Deportivo de pasar esta rolda da Copa? Hoxe por hoxe o Deportivo ten tanto equipo coma o Sevilla e non desmerece na categoría do fútbol que practica. Eso sí, as virtudes parecen opostas porque os herculinos basan a sua fortaleza na defensa e os andaluces no ataque pero, hoxe por hoxe, incluso é máis equilibrada a proposta futbolística do Deportivo.

Tracking Pixel Contents