a pé de rúa
Responsabilidades

Responsabilidades
Xosé Manuel Mallo
Unha cousa menos. Un problema menos. Non é o feito de que o Deportivo estea fóra da Copa do Rei, que era moi posible que acontecese e que moitos pensaban desde o mesmo momento en que se coñeceu o sorteo. O partido da esperanza rematou como o do estoque definitivo. A derrota no Sánchez Pizjuán pola mínima (2-1) e a de Riazor na Liga (1-3) desaparecerían se onte o equipo coruñés eliminase ao sevillista, pero non aconteceu. Os de Nervión acadaron a súa vitoria máis abultada. É así porque é un equipo moi superior. Non hai outra explicación. Hoxe algún santón terá que pór algunha queixa. Será o mesmo que hai un tempo dicía, seguro, que a principal atención debía estar centrada na Liga, que é o interesante e o importante. Supoño que agora que a Liga de Campeóns está moi lonxe, a falla dun partido para que remate a primeira volta, ese algún dirán que a temporada é un fracaso. Máis de un pensa debe andar a catro patas recorrendo a bandas dos campos de fútbol. É a única razón que se pode atopar para entener o que di. Pero bon. "o fútbol é asi". E como é así de lóxico o Sevilla pasou por riba do Deportivo cando xogou co equipo B, cando xogou co A e cando xogou cunha mistura dos dous. O Sevilla é o Sevilla, como o Madrid, Villarreal e Barcelona son o que son. Non hai máis. Como tamén é que Fabricio leva culpas que non so lle competen a el. Na ida en Sevilla tragou co gol da falta, na que errou, por suposto, pero poucos falan do momento en que De Guzman fuxiu do balón que ía directo ao seu corpo. Onte tamén resultou responsabel do primeiro gol; poucos falan da ubicación de Filipe ou a de Lafita, que permitiron rematar so a Navas. É o que ten ser porteiro. O mesmo que ser este Deportivo.
- Así empezó Zara: las primeras dependientas reviven la tienda donde nació el imperio
- Una librera de A Coruña estalla tras sufrir la estafa de este autor: 'Non vas ver un céntimo
- El Concello de A Coruña detecta 'daños estructurales' en la pasarela entre las estaciones
- Esta es la línea de bus que más emplean los jóvenes de A Coruña, y no es la de Marineda
- Cooperativistas de Xuxán: «Este es un modelo fallido, somos prestamistas de la Xunta»
- Así eran los escaparates de Zara en los inicios del imperio Inditex: Gallinas vivas y el niño que salió corriendo con un conejo
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- En riesgo el resto de la temporada para Yeremay Hernández en el Deportivo