a pé de rúa
Mañán aínda non existe

Mañán aínda non existe
Xosé Manuel Mallo
Fabricio está desbotando unha grande oportunidade. A estas alturas xa non sei de qué tipo. Na pasada temporada, despois do conflito entre Aouate y Munúa, tivo a titularidade nas súas mans e deixou que lle escorregase entre os dedos. Lotina tivo que dar marcha atrás e darlle a titularidade ao porteiro israelí, cando xa asegurara que o canario sería o dono da portería albiazul ata o remate da temporada. A situación puido co nova gardamallas. Cicáis non sorprenda dada a situación do equipo naquel momento. Cicáis a responsabilidade fose moita. Con todo, Fabricio seguiu a ser importante para o seu adestrador, aínda que ocupando un segundo plano desde a chegada de Aranzubia. O canario xogou os partidos da Copa Intertoto e os da Copa do Rei. Mañá tocáballe facelo no Santiago Bernabéu diante do Madrid. Tremendo escaparate, pero no vai xogar. Nen vai viaxar. A súa cabeza está noutro sitio, non está posta no Deportivo. Así non pode xogar. Haberá quen diga que Lotina está sentenciando ao porteiro, pero o adestrador o que fai é mirar para o equipo, o colectivo, non para unha persoa individual. A min ocúrreseme que Fabricio está máis pendente do mañán que do hoxe e debería haber alguén que lle diga que o mañán aínda non existe, que está por vir, que o que importa é hoxe, que é cando se poden facer as cousas. Alguén debe explicarllo, pero polo seu ben que non sexa o seu representante, ese mesmo que lle aconsellou que non falase coa prensa nen tan sequera do resultado dun partido, xa non da súa situación. Quen recomenda calar é por algo. Penso que non é por nada bon. É o mesmo que onte fixo o clube con Alberto, a novidade de hoxe na lista de Lotina, a quen aconsellou non falar. Iso que estamos no século XXI. Esta é a autentica realidade. Estamos en xaneiro. Febreiro xa virá, si vén.
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- El solidario y aplaudido gesto tras ganar el millonario bote en Pasapalabra: 'A Hacienda para fomentar la sanidad pública”
- Esta es la profesión real de Manu fuera de Pasapalabra
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Manos con artritis: señales de alerta, diagnóstico y cómo escapar del dolor crónico