a pé de rúa
Unha diferenza enorme
Xosé Manuel Mallo
Que felicidade. Gañou o Madrid pola mínima e o árbitro pasou inadvertido. Claro que postos a mirar polo miudo eu acabei vendo un empurrón de Raúl a Filipe no gol do capitán madridista. Será que teño que ir mirar a vista, porque todo o que sexa de cor branca non o percibo con nitidez. Será que as cores que non salientan demasiado non me chaman a atención, ou será porque chegou un momento en que me decatei que branco non é sinónimo de pureza. O mellor de onte é que non se pode dicir nada do árbitro. Estou ledo. Tamén que o Deportivo amosou outra faciana moi distinta a que mostrara no Camp Nou. Cicáis, tamén, porque hai unha semana topouse cun adversario tan egoísta, que non lle deixa o balón a ninguén e sempre o quere para él, ainda que estea a gañar por sete goes de diferenza. Que diferenza, si. Que diferenza de partido. Tanto o que fixo o Deportivo como o que realizaron os rivais. Di Lotina que é unha derrota honrosa. É posibel. Pero é unha derrota. Seguro que non doe tanto como a de hai unha semana, pero é unha derrota. Para moitos carecerá de importancia. Será para aqueles que non veñen de definirse públicamente pero que asoman cando o Madrid ven a Riazor e provoca un casi gol, porque aquí nos últimos anos goles moi poucos. Que diferenza. Moita é a que hai entre o líder, Barcelona, e o resto dos equipos. Xa sei, xa sei que o sábado gañoulle ao Numancia grazas ao árbitro. Supoño que será o consolo que lles queda a algúns para xusticar a falta de xogo, de ideas e de case todo o que non sexa correr dun equipo multimillonario, pero que segue sen convencer. Certo que os resultados o están a manter, pero é un pouco triste. E que eu hoxe, mañán non sei, hoxe, so pagaría por ver ao Deportivo e o Barcelona.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial
- Gonzalo Castro: 'Hay una posición muy negativa de la propiedad del Deportivo que no había en 2022
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- Fallece una mujer y otra resulta herida al ser atropelladas por una furgoneta de reparto de pan
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Abre Spark81 en A Coruña: el primer espacio de juegos inmersivos en Galicia