"Estes premios eran algo absolutamente necesario no ámbito deportivo da cidade e a súa comarca", subliña Moncho Viña. "Os deportistas necesitan este tipo de cousas e que se lles recoñeza polo seu traballo", engade encol do que representa para os deportistas presentes onte no Teatro Rosalía. "É moi importante por dar visibilidade a xente que o da todo", argumenta Viña. "A todo o mundo lle gusta que lle digan que o está facendo ben no seu e iso é tamén algo moi importante no eido do deporte e máis no dos deportes minoritarios", apunta sobre o recoñecemento que supón para outras disciplinas.