21 de agosto de 2012
21.08.2012
La Opinión de A Coruña
a pé de rúa

Hai cousas, pero amodiño

21.08.2012 | 02:00
Hai cousas, pero amodiño

Axente está a tolear xa con Nélson Oliveira. Comentaba eu onte que hai motivos, porque o portugués fixo un partido completo no tempo que tivo. Xa o gol, é dos que hai que enmarcar. Pero eu non fico tanto coa execución, que foi xenial, como co inicio da xogada, co xeito no que meteu o corpo cando o defensa de Osasuna foi para cortar o seu avance. Parecía que quería derrubalo, pero a protección que fixo Oliveira foi perfecta, tanto que lle permitiu marchar so en carreira cara a portería de Andrés Fernández a quen bateu de forma prodixiosa. Chapeu para o luso. Pero antes de que saíse el e de que marcase, fíxoo Riki. Un gol deses que sorprenden, aínda que o porteiro axudouno un pouco, un gol marca da casa, dos que o dianteiro de Aranjuez adoita facer grazas a ese disparo seco que ten coa súa zurda. Foi unha forma de redimirse do erro do penalti. Pensei que o ía tirar doutra forma. E non é unha crítica, pois sempre respecto aos lanzadores e o estilo que deciden empregar. Pero ademais dese erro, Riki tivo, como sempre, presenza. Sobre el cometeron outra clara pena máxima que Fernández Borbalán non quixo asubiar. Atopábase a dous pasos da xogada. Despois tivo remorsos, supoño, e... Pois iso, que as sensacións son moi boas. Que hai tempo para a análise. E tamén pediría eu un pouco de acougo, que isto ven de comezar. E mirar cara arriba, pode acabar cunha postura que non teña solución. Paseniño. Coa cabeza erguida, pero mirando de fite. Nunca convén perder de vista o que hai diante, que calquera chega e dunha labazada acaba contigo no chan. Hai cousas.Hai xogadores. Importantes para xerar ilusión.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Buscador de deportes

[an error occurred while processing this directive]