02 de septiembre de 2012
02.09.2012
a pé de rúa

A mesma letanía

02.09.2012 | 05:23

Onte escoitei a mesma letanía dos dous partidos anteriores. Para min unha simpleza, con todos os respectos. Porque o problema de que os rivais cheguen con tanta claridade ata Aranzubia non atinxe so aos defensas, é unha cuestión de equipo. É un asunto no que se teñen que implicar máis xogadores, eu diría que case todos, por non dicir todos. Onte aconteceu o mesmo que en Mestalla, cos catro defensas e Abel Aguilar atopándose case sempre en inferioridade e desvantaxe nas contas do equipo madrileño, que atopaba oco polos que meterse, como a auga cando racha unha tubería. Sabes que aparece, e tardas en saber desde onde.Aquí o mesmo, coa diferenza, que hai que saber desde onde e por que acontece. O simple é dicir que Manuel Pablo, poño o seu nome de exemplo, nada máis, non chega a tal balón, cando resulta que ven de subir ata a línea de fondo para centrar. É imposíbel que recupere oitenta metros para tapar a súa parcela defensiva. E se Manuel Pablo, Evaldo, Marchena ou Aythami non soben e ocupan a súa zona, tampouco abondan porque os rivais chegan como foguetes sen que ninguén os pare na medular. Tamén esta situación afecta a Abel Aguilar, que tanto ten que tapar que non dá feito. Será porque non ten o don da ubicuidade. Cousas que se poden corrixir. Todos estes aspectos se poden mellorar a través do traballo. O que non se adestra é a calidade, e diso non falta neste Deportivo. Non hai comparanza con outros anos. Mágoa deses pequenos erros que impiden sumar máis puntos, tanto polos goles que se reciben, como pola inseguridade que se xenera no propio equipo. Penso.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

El próximo lunes, a las 21.00, se disputa el Deportivo - Granada y en LA OPINIÓN te invitamos a Riazor. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido. Sorteamos 2 premios.

Buscador de deportes