03 de septiembre de 2012
03.09.2012
a pé de rúa

A importancia de quince días

03.09.2012 | 02:00

Pendente do Betis-Atlético, que se xogará o día 26, o Deportivo remata a terceira xornada en postos que conducen a Europa e aínda invito. Un triunfo e dous empates manteñen ao equipo na sexta praza. E sempre marcando, que é un dato que hai que ter en conta. O mellor creo que é que agora o adestrador dispón de dúas semanas para traballar con todo o equipo, en teoría, xa que vai ficar sen tres futbolistas: Pizzi e Oliveira, que se concentrarán con Portugal, e Abel Aguilar, que o fará con Colombia. Dicía que é positivo o parón desta semana porque hai xente que chegou case coa Liga comezada. Camuñas empezou a adestrarse co equipo seis días antes de que comezase a competición e Marchena fíxoo doce días antes. A estes dous homes, os últimos en chegar, hai que engadir agora a Tiago Pinto, que pasará hoxe aínda o recoñecemento médico. Quince días máis que permitirán que os futbolistas se coñezan mellor e, como dicía Camuñas, servirán para acadar unha mellor condición física. Importante polo que vén despois. Dos catro seguintes partidos, tres son lonxe de Riazor. E o visitante é o Sevilla, e o seguinte o Barcelona, para rematar outubro coa visita a Balaídos. Afrontará o Deportivo un mes e medio moi duro e esixente, ao que terá que chegar con boas provisións, polo menos físicas. De puntos non vai mal, pero estou certo que chegará moito mellor.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
El próximo lunes, a las 21.00, se disputa el Deportivo - Granada y en LA OPINIÓN te invitamos a Riazor. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido. Sorteamos 2 premios.

Buscador de deportes