25 de septiembre de 2012
25.09.2012
A pé de rúa

O foco cambiou de obxectivo

25.09.2012 | 11:15

Aollada onte estaba posta en Evaldo e ficou cravada en Aranzubia, a quen moitos consideran rresponsábel do segundo gol. O concepto, que dicía Manquiña, o concepto. Unha xogada desafortunada ven a amosar que as cesións que se fan aos porteiros veñen a complicar máis que a dar solución a un momento determinado. Non vou culpar a Marchena, que recibiu o balón de fronte á súa portería e reaccionou de xeito espontáneo tocándoo onde era natural, pero... Case sempre paga a pena romper ese balón para que caia onde sexa, porque é o que vai facer o porteiro na maioría das veces, tamén. Onte, Marchena fixo un pase feble, cara a perna esquerda de Aranzubia, e cara o centro da portería. Dous erros. Cando un defensa decide pasarlle a pelota ao seu porteiro debe facelo sempre fóra do marco, porque se o gardarredes falla, acabará marchando a córner. Onte, una cesión lateral, facilitaría que o porteiro branquiazul puidese facer un despexe lateral, e non frontal. Son cousas básicas, que estou certo que Marchena as sabe. Outra historia é a situación do momento que che obriga a... O único que pretendo dicir é que non se pode axustizar ao último que pasaba por alí, a Aranzubia, ao que se atopou cun balón que se tiña que quitar de enriba como fose. Houbo infortunio no seu despexe. O conto ven de atrás. E como cando despois de varios erros defensivos e chega un dianteiro a área propia para axudar é non chega na última xogada e se di que o erro é del. Maldito costume temos que buscar sempre culpabeis. Pasou. Houbo un erro. Houbo mala sorte. E nada máis. E menos mal que foi Aranzubia, san Dani, que chega ser Evaldo...

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine