Caeu a segunda vitoria. Xa era tempo. A mágoa foi que puido ser máis ampla e que houbo que sofrir ata o remate. Puido gañar por máis o Deportivo porque tivo dous remates netos que non entraron por pouco, non por dominio ou por dominar ao Mallorca. Foi por eses remates de Bruno, levantando o balón por riba de Aouate, e de Pizzi, que nunha falta directa mandou a pelota contra o traveseiro. Pero non entraron. Isto provocou que o encontro se mantivese vivo, que en calquera xogada os visitantes puidesen igualar. Cando a ventaxe é mínina nunca pode estar un quedo nisto do fútbol. Nin se poden cometer erros, como tampouco facer concesións. Que disto houbo a mans cheas. Un bo partido, tanto do equipo como no plano individual, pódese estragar por una non-acción. Explícome. Digo non-acción se un futbolista permite que un adversario marche sin facer nada para evitalo. A última oportunidade do Mallorca chega nunha falta perto do área. Falta que se tivo que cometer moito antes, en concreto no círculo central, aí Valerón -xa sei que nunca o vai facer- tiña que derrubar ao futbolista balear para evitar que puidese sorprender aos seus compañeiros, como chegou a facer. Menos mal que Marchena cortou a xogada fóra do área. Menos mal. Como tampouco se pode permitir un que lle rouben un balón no interior do seu área cando ten toda a ventaxe. Pasoulle a Juan Domínguez. Son detalles, si, que poden definir un partido. Competir é moito máis que tocar ben a pelota. Amosouno o rival. Na primeira parte o Deportivo so fixo dúas faltas. Outras cinco na segunda. Creo que non é normal. Pero se ve que non hai nada que facer neste aspecto.

Cuestionado tras un inicio de curso gris, se reinvindicó con una gran actuación, golazo incluido.