03 de diciembre de 2012
03.12.2012
La Opinión de A Coruña
A pé de rúa

Unha ficha corrida

03.12.2012 | 01:00

Un simple movemento de ficha desfixo un traballo contra corrente e que lle permitira ao Deportivo acadar o que parecía máis difícil, neutralizar os dous goles de vantaxe que tiña o Betis. A decisión de Oltra de retirar a Roderick para dar entrada a Bodipo foi determinante nun momento no que o equipo coruñés tiña o mando e o control do encontro. Desde ese cambio, valente hai que recoñecer, o conxunto albiazul quedou partido pola metade. Foi valente, pero desde o meu punto de vista innecesario nese momento porque foi darlle espazos a un equipo con moita mobilidade e moita velocidade no ataque, como se puido comprobar. Non é tanto polo terceiro gol, que foi un golazo de Campbell, é polas oportunidades que tiveron os béticos ata que rematou o encontro. Saíulle un bo disparo ao costarriqueño, pero habería que dicirlle a Ayoze que non lle podía conceder tanta distancia para que disparase con tanta comodidade. Non sempre entran os tiros así, pero este entrou. - non é por botarlle culpa ao lateral canario, é un comentario puntual. Porque para desafortunado o seu compañeiro Roderick, que nos dous goles de Rubén Castro o único que fixo foi mirar. Un central ten que ser máis contundente e atacar sempre a pelota. No primeiro abondáballe con saltar para desviar o esférico, e no segundo, con meter o pé. Con todo, o equipo recuperouse ata que o central luso deixou o campo e deixou un burato enorme na zaga do seu equipo que tamén afectou ao centro do campo. Iso xa non foi responsabilidade de Roderick. - vexo que Lendoiro fixo un comentario sobre esa decisión. - non é o mesmo o que pensa o presidente que o que penso eu.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes