10 de diciembre de 2012
10.12.2012
La Opinión de A Coruña
a pé de rúa

Hai alguén máis?

10.12.2012 | 01:00
Hai alguén máis?

Xa sei que a situación non está para contos, pero o que está a acontecer lémbrame un, que penso que é ilustrativo. É aquel dun fulano que está colgado dunha man nun precipicio de 200 metros e de súpeto di: "Hai alguén?". Despois de repetilo varias veces saiu unha voz do fondo da sima dicindo: "Tranquilo que o arcanxo Santo Gabriel cos seus anxos despregaranse para recollerte nos seus brazos...", e o fulano respondeu: "Vale, vale. Hai alguén máis?". Pois iso. Aquí precísase algo que sexa tanxíbel, que sexa práctico. Xa está ben de palabras, xa está ben de que xogamos como os anxos, de que temos o balón e demais historias que se adoitan contar nestas situacións. Onte mesmo voltei a escoitar iso de "hay que pasar página". Nesta volta díxoo Oltra, o adestrador. Será teima miña, pero insisto en que non se pode pasar páxina ata que está a lección aprendida. Insistirei. Como tamén serei cabezón dicindo que hai que facer algo distinto. O Deportivo destas quince xornadas é un equipo previsíbel, que non sorprende, é un equipo plano que facilita o traballo dos adversarios. Ademais non ten pegada, non pega en ningún sentido. Nin no remate nin en defensa. É un equipo que ten milleiros de afeccionados detrás en cada partido que se xoga en Riazor, centos nalgunha das veces que xoga fóra. Poucos equipos poden dicir o mesmo. - que reciben estes seareiros? Vouno dicir. Onte vin parte do partido entre un grupo de amigos en El Huevito a porta pechada, xente que xa viu ao equipo en Terceira, xente que me fai sentir alevín, xente que vai cada xornada a Riazor e que onte fixo algo inusual, marchar cando entrou o sexto. Ata aí aguantaron. Pouco?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Buscador de deportes

[an error occurred while processing this directive]