De súpeto, o sitio onde estaba vendo o partido empezouse a encher de xente, de nenos. O partido ía ben, pero a intensidade dos futbolistas do Deportivo era pouca en comparación coa que había no local neses momentos. Estiven a piques de berrar que fosen dormir que os Reis ían marchar sen deixarlles nada. Calei. Os pais levaban unha tarde dura de cabalgata e estaban desexando que rematase a historia para sentar diante dun televisor porque tiveran que quedar sen ir a Riazor. So había comentarios positivos. O pasado desaparecera. Eloxios á actitude do equipo, ao traballo de todos, e mesmo parabéns para Evaldo, o futbolista máis denostado desde que comezou o curso. Quizáis o mellor exemplo de que con axudas as súsa carencias defensivas quedan menos en evidencia, quizais o exemplo, como os outros tres zagueiros, de que atrás non tiñan que adicarse a limpar todo o lixo que viñan deixando os seus compañeiros máis ofensivos. Onte vin traballo. Non houbo ninguén que deixase de correr. Ninguén. Había pernas por todas partes. Agresividade. Gustaba do que estaba a ollar, ata que no televisor, a seiscentos kilómetros, alguén falou dalgún ausente. Maldito costume. Porque se as cousas van ben temos que falar dos que non están? Os protagonistas son os que xogan, non os demáis. Menos mal que gañou o equipo porque do contrario eses ausentes terían moita máis relevancia que os propios titulares. Somos así. Esquecemos a quen o fai ben, e lembramos a quen non está. Non sei porque. O que sei é que o equipo me gustou e que ademáis gañou cun golazo de Pizzi. Até correu. Tiña que facelo menos co balón, pero traballou. - ademáis marcou un golazo.