A pé de rúa
Un cambio que dá osíxeno o rival
Un puntiño co que hai que saír ledos. O Deportivo distancia o descenso con ese empate que tan mal soubo perante o Espanyol. Mal para min e para quen seguiu o partido, aínda que tamén hai quen dixo que "menos mal", despois de que nos últimos minutos o equipo catalán aparecese no terreo de xogo. Parecía que estaba pero non xogaba, que viña coa intención de non agredir a unha vítima feble que as leva por todas partes. Esa permisividade permitiu o Deportivo asustar o seu adversario e mesmo ter a posibilidade de adiantarse no marcador con dúas oportunidades incríbeis, unha de Oriol -puido haber penalti, pero non serve de escusa- e outra de Cavaleiro que no é quen de darlle o balón sen oposición. Con erros así é imposíbel gañar partidos. Sempre queda empatar todos a cero, como dicía un comensal o meu carón despois do encontro. "Con dez empates abonda?". Pois si. O asunto é que o resto dos rivais non se van conformar con iso, e menos Getafe, Córdoba e Elche. Iso que o partido estaba quente, sen fútbol o Deportivo tiña na man a vitoria, era a base de impulsos, que tamén serve, pelotazos, gañas. Todo iso permitiu meter o Espanyol no seu área, facelos sufrir ata que de súpeto xurde unha bombona de osíxeno reparadora para o visitante. O curioso é que non foi Sergio -benvido a Riazor- quen a procurou; foi Víctor, que cortou o ritmo do seu equipo e permitiu que o contrario se rearmase para fortalecer a medular e facerse co control, mentres que volcou o ataque pola dereita onde se atopaban un Juanfran e Cavaleiro fundidos fisicamente. Da ilusión a pensar no triunfo Riazor pasou en menos de dous minutos a tremer pola derrota.
- Jorge Andrade: 'En el Dépor muchos compañeros no se hablaban durante la semana y en las cenas eran los mejores amigos
- Galicia es la segunda comunidad con los niveles más bajos de calidad de vida
- El mayor fondo inmobiliario del mundo en A Coruña: pisos, locales y suelo en Visma y O Castrillón
- La Primitiva deja en A Coruña un premio de más de 1,3 millones de euros: 'Que nos envíe una postal
- Escudero y Yeremay condicionan los fichajes y las pujas del Deportivo en el mercado
- Yeremay, el primer pulso del nuevo Dépor
- El supermercado asiático más grande de A Coruña aterriza en Agrela
- Detectada en aguas de Galicia una nueva especie exótica e invasora de África