O de Víctor Sánchez era un cambio necesario, pero no vou dicir que o era porque non fose o adestrador axeitado a este equipo ou porque non soubese xestionar os conflitos do vestiario. Non, porque eu non estaba alí e non coñezo as interioridades. Nin son quen para decidir sobre estas cousas. Digo que había que facer isto porque un técnico non pode traballar cando sabe que os seus xefes perderon a confianza que tiñan nel. Complicado para o adestrador e tamén para os dirixentes sería ter que traballar deste xeito que so conduciría a un abismo. Con esta decisión Tino Fernández pode quedar marcado como un presidente de gatillo rápido. Despediu tres adestradores en menos de dous anos. Unha cifra considerábel. Nos dous últimos semella que necesarios. Agora tócalle outra vez a Richard Barral atopar a ese técnico axeitado para liderar este novo proxecto, como di o presidente. Confianza absoluta no director deportivo, que foi o verdadeiro protagonista da xornada. Quen saiu reforzado polo propio presidente branquiazul: é o primeiro executivo no eido deportivo do clube. Non hai más que dicir. Todo o peso da elaboración do equipo -futbolistas e técnicos- pasan por el. Non se revalorizou o seu rol, so se salientou que apartir de agora terá máis visibilidade. Díxoo Tino Fernández. Agardemos que por moito tempo porque...