Sei que teño unha teima con certos árbitros, cos da elite e non cos da base que sei o que teñen que aturar. Os de Primeira son outra cousa, ou fixéronse doutra cousa. Tipos como Jaime Latre, o que pitou onte no Pizjuán, non poden seguir arbitrando. Este sabe perfectamente o que pita, cando o pita, como o pita e onde o pita. Hai xa unas xornadas deixei de referirme a situacións alleas ao propio xogo, porque a clasificación non se pode limitar a axentes estranos ao que acontece no equipo -tendo por certo que a este equipo lle faltan sete puntos da primeira volta que, seguramente, non causarían o despido de Garitano-, pero o de onte é moito. Dous penaltis preto de onde se atopaba o colexiado -non lle vou chamar xuíz- que puideron ser decisivos. Xa sei que hai quen di que mellor que non os piten, pois digo que si porque mesmo alguén se pode equivocar e marcar. So por se acaso. E despois está o cuarto gol, que é fóra de xogo. Tres xogadas decisivas nas que non pitou o que aconteceu. Casualidade? Eu non acredito nesas cousas. Acredito noutras que foi amosando durante o partido, esas faltas, eses cartóns, eses sinais que marcan un partido. Este vai chegar lonxe. E por certo, o empurrón de Mercado a Ola John semella moito ao que lle deu a Andone en Riazor e que podería ser o 3-1. Barra libre para o arxentino diante do Deportivo. E eu pregunto, como aconteceu perante o Sevilla non se pode protestar? Amiguiños si, pero a vaca polo que vale. Teñen seis puntos contra o Deportivo, cando quizais levarían un como moito.