A plantilla deportivista voltará esta mañá aos adestramentos despois da doble xornada de descanso concedida polo adestrador, Pepe Mel. Os xogadores están convocados a partir das dez e media no estadio de Riazor para unha sesión coa que comezarán a preparar o derradeiro partido da tempada. O equipo volverá a adestrarse mañá nas instalacións da cidade deportiva de Abegondo e o venres outra vez a porta pechada en Riazor. Pepe Mel non poderá contar ante a Unión Deportiva Las Palmas con Lux e Borges, os dous sancionados, nin con Joselu e Luisinho, que seguen lesionados.