07 de junio de 2017
07.06.2017
ÚLTIMA HORA
Estados Unidos acogerá partidos oficiales de la Liga
A pé de rúa

O concepto é o que importa

07.06.2017 | 01:01
O concepto é o que importa

Son deses que pensan que sen ilusión a vida é complicada, e cada ano a estas alturas volvo a recuperar a ilusión por un equipo que na temporada vindeira permita que a xente que vai a Riazor poda saír leda e satisfeita, alén do resultado. Sei que o marcador é o que canta e o que decide, pero nun campo como Riazor gustan outras cousas, como é o bo trato ao balón ou, polo menos, non deixar nin un gramo de osíxeno no vestiario. A estas alturas do conto non sei quen vai vir -boa política do clube, pero mala para os xornalistas, aínda que para min é boa porque é cando máis me divirto- pero abondaríame con que as fichaxes me ilusionasen como o fixeron as do ano pasado. Si, sei que o rendemento non foi o agardado e que houbo que esperar un ano máis case ata o remate para poder respirar. Si, xa sei que van tres anos así. Aínda que a realidade é que van sete. Porque nos dous anteriores en Primeira chegouse ata o final con esperanzas que foron infundadas; e os dous anos en Segunda tamén houbo que agardar case a que concluíse o curso para celebrar o ascenso. Ou sexa, que o sufrimento vai con nós -con vos-. Este ano vai mudar? Tampouco o sei, pero confío en que non sexa así; non soño con moito máis que a salvación con tempo dabondo e con que se poida ollar fútbol cada vez que o equipo xoga na casa. Pode ser de máis ou menor calidade, pero para xogar a fútbol non fai falla ter a Messi, como tampouco hai que ter a Gattuso para correr quilómetros e quilómetros. A cuestión é a idea, ou como diría Manquiña: o concepto é o concepto. Por iso moitas veces non só son importantes os futbolistas -deles depende o que aconteza no campo-, porque os adestradores tamén se poden cargar un equipo, melloralo xa é máis complicado e só o poden facer uns poucos. Non digo que os técnicos teñan que fichar, non; os adestradores deciden se aceptan unha proposta con xogadores que ficha o clube, porque despois cando marchan deixan o seu concepto a outros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine