O Deportivo mantense en pé polos tres puntos de onte, pero aínda abafa. Gañou un partido no que era imprescindíbel que o fixese porque calquera outro resultado sería moi perigoso, xa non tanto para o futuro do equipo na categoría como para a credibilidade dos futbolistas e dos técnicos, que agora son os responsabeis do que aconteza sobre o verde. Vou insistir en algo que xa dixen, que é que os puntos -o máis importante- non teñen tanta trascendencia neste momento porque o equipo podería non ter ningún, e por merecementos ata onte tería que ser así, como a ten a proposta como conxunto e como bloco. Certo que o Deportivo foi moi superior ao Alavés despois de marcar, pero que aconteceu antes? Que puidemos ollar? Eu nada. Si é certo que na segunda parte puideron chegar máis goles, pero para min foi porque enfronte estaba un adversario aínda máis esnaquizado do que está o Deportivo. Hai una cousa salientábel, onte a xente saíu leda de Riazor, pero non saíu feliz, non vibrou, non? E ese non é porque leva tempo sen ter fútbol, o seu fútbol, ese do que sempre gustou. Prefiero non lembrar a futbolistas que pasaron por aquí, algúns moi idealizados para min, pero estou convencido de que se pode facer bo fútbol ser ter a Djalmina ou a Fran. Costará máis, pero hai bos xogadores que son quen de sacarlle un sorriso ao deportivismo. Pero xa que non é, polo menos propón algo. Di a que queres xogar e xoga a iso. Mesmo como se dis que queres amarrar. Faino, pero non encaixes sempre.