Alivio é a palabra máis axeitada para definir o que aconteceu en Riazor, onde uns seareiros pacientes estiveron a carón do seu equipo desde o comezo e marcharon con sensación de acougo e sen ter moi claro que viñan de ver gañar ao seu equipo un partido que tiña perdido. Ao carón estiveron especialmente os de sempre, eses aos que so se lles permite animar porque se fan outras cousas reciben pitos (onte pediron liberdade de expresión e seica hai xente contraria a iso? en 2017!). Claro que eses que asubían nestas cousas son os primeiros en asubiar cando algo non vai ben. Animar? non animan moito. É un clásico de Riazor. Podo dicilo porque xa pasei dos 18 -malia que non puiden votar a Constitución, de verdade, e iso que daquela xa os tiña-. Non é una crítica iso de laiarme do comportamento dunha parte da afección, so é unha realidade. Con todo, cada un dos que vai ao estadio ten razóns dabondo para estar farto. Xa son moitos anos de sufrimento, sete levo contados desde que rematou a era dourada. Neste tempo, tres salvacións a última hora, dous descensos, dous ascensos agoniados, a dúbida da supervivencia ? en sete anos comprimiuse a centenaria historia da entidade. A xente falaba disto onte, farta -tanto que nin comeu os callos nin saboreou o triunfo- de? de? Agora hai dúas semanas de acougo futbolístico, tempo para tirar do bo. Onte houboo en ataque e mesmo o traballo no medio do campo; xa defender... Hai tres puntos máis, si; máis vistosidade ofensiva, si; pero sin sensacións de que isto é un equipo.