03 de diciembre de 2017
03.12.2017
"Qué duda cabe"!

Un conto visto e que non me gusta

03.12.2017 | 00:48
Un conto visto e que non me gusta

Este conto xa o coñezo e non che me gusta porque o Deportivo non precisa nada para perder. Xa pode facer o que sexa que o resultado vai ser o mesmo: derrota. Mira que son de contentar, quizais por iso onte estaba ledo e quedo durante a primeira parte, pero na segunda xa tiven que padecer o de cada xornada. Gústame, dentro do meu concepto, o que ofrece Cristóbal, sobre todo no manexo do balón, pero entendo que isto significa ter que xogar sempre no campo do adversario. Bo sinal! Pero hai outro asunto que obriga, a fraxilidade defensiva do equipo. Calquera erro, calquera agasallo penaliza sempre ao Dépor, por iso poder faltar confianza; por iso o equipo precisa xogar moi lonxe do seu marco. Non sei o que terá que facer Cristóbal para mudar a situación, pero é preciso facer algo de xeito inmediato. Non me gusta a cara do doente (Deportivo), mais por outra banda estou quedo porque o adestrador amosou o ano pasado o que é quen de facer, malia que precisou moito tempo (xa sei que Primeira non é Terceira, pero el sábeo mellor ca min porque xogou nesa categoría e non foi un calquera). Por iso confío. Alén dos erros, outra vez, onte houbo outras cousas. A primeira é que Sánchez Martínez decidiu o partido. Un penalti a Schär non pitado e una patada sen balón ao suízo que non quixo ver. Outra cousa, Rubén traga o balón no segundo gol. Seguro? Ou é que foi simplemente correcto. Non sería mellor que eses balón se sacasen con pé? Está claro que tirándose é imposíbel. As cousas polo libro non sempre son as máis axeitadas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine