Hai algo que se chama respecto, que é una palabra básica dentro dun estilo de vida, a lo menos para min, pero seica para Andone non polo que amosou onte cando Seedorf decidiu cambialo por Bakkali a falta de cinco minutos para o remate. O dianteiro romeno viña de baixar as medias uns minutos antes, un sinal moi claro nisto do fútbol. Quen xogase algo a isto do balompé sabe que cando un tira das medias é porque ten os xemelgos cargados como pouco, que ben ser o mesmo que xa ten pouco que dar porque o corpo chegou ao límite. Eu non sei se o troco de Andone foi por iso ou por outro motivo, si sei que o comportamento do dianteiro non foi o correcto. O equipo levaba case una hora en inferioridade e era preciso osíxeno ou o que for no campo e o adestrador decidiu que fose el o que tiña que saír. Xa non hai discusión. Ou un amólase cando é titular? Andone traballou a prol do equipo en inferioridade e posiblemente xa non estaba para dar máis e mesmo estaba en risco dunha doenza un pouco seria, entón a que vén esa reacción? Foi con Seedorf e alguén máis do banquillo. E co seu substituto, a quen faltou ao respecto. Está para marcar goles, é o máximo anotador da pasada temporada, pero onte errou tres ocasións moi clara; si, tres. Xa sei que na terceira o balón entrou, pero el rematou ao pao e foi gol despois de petar no porteiro. Isto son datos. O resto é faladoiro. Non sei que se dixeron Andone e Seedorf na banda despois do cambio, pero supoño que o adestrador diríalle iso de "e ti, quen vés sendo?".