06 de mayo de 2018
06.05.2018
"Qué duda cabe!"

Seis dedos

06.05.2018 | 01:29
Seis dedos

Lucas tenlle gañas a estes partidos, como outros moitos futbolistas galegos. Xa lle marcara ao Celta en Riazor e xa celebrara un triunfo deportivista nun dos clásicos galegos e onte tivo un festexo dos grandes porque anotou cando ninguén o agardaba e celebrouno con estilo. Non fixo nada estraño, so sacou seis dedos, tres por man. Cal é o significado? Retranca, que se diría por esta terra. Non dis nada, pero o dis todo cun simple xesto. A min iso dos seis dedos lémbrame o palmarés de cada equipo, quere dicir, seis títulos do Deportivo por ningún do máximo rival. Xa sei que Lucas non completou o ano que se agardaba por aquí e que es é unha das razón de sermos de Segunda División, pero unha cousa é iso e outra negarlle todo o que algún lle nega. Eu ben sei porque son certas cousas, e non so eu xa que este cidade a nos a (eu son de San Roque) e cativa de máis. Lucas sempre foi precavido nun campo de fútbol, e nunca protesto malia a maltrato que sufriu (si, maltrato), pero unha cousa é o que lle digan na súa casa e outra o que lle digan fóra. A resposta foi doada, seis dedos. Só lembrou un pouco de historia para aqueles que saiban ler e saiban pensar. O Deportivo non vai estar en Primeira División a vindeira temporada, todos o sabemos, pero do que se trata non é de descer unha división, trátase de non perder a categoría e iso, un equipo como o Deportivo non o fixo de momento. E onte Lucas amosou que esa categoría está tamén en certos futbolistas, que non outros, do Deportivo. Non falo do rival.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes