Cinco expulsións en dez partidos non é moi habitual, e menos normal; máis cando o equipo castigado é un dos que menos faltas fai e dos que mais recibe. Cada vez que o Deportivo xoga en inferioridade págao con puntos como aconteceu en Albacete e en Riazor diante do Málaga. "Non temos defensa", dixo onte Natxo González con razón polas decisións arbitrais. Dúas expulsións de Krohn-Dehli; unha de Quique; unha de Pablo Marí e outra de Borja Valle, alén a do adestrador branquiazul. Que está acontecendo? Seica dar patadas está permitido no fútbol, o resto está moi castigado segundo algúns xuíces que non teñen idea do que é isto do fútbol e so seguen as normas que memorizan e despois escreben o que queiran, como aconteceu con Quique diante do Málaga, que acabou perdendo un tempo nese partido e despois non xogar diante do Elche. Onte Borja Valle é o agredido; e onte Pablo Marí non fai falta na segunda amarela, é o berciano o que comete a infracción antes de que apareza o central. Pero o árbitro tolea e escrebe o que quere. Hai que ollar a faciana do chamado xuíz cando expulsa a Borja e tamén a Natxo, está crispado. Como se pode decidir así? É o que pretende este fútbol, xente que tome decisión que non saben e que vai isto do fútbol. Alén da intervención do árbitro está a actuación do Deportivo. Onte non tivo o balón, sufriu, non foi o que coñecemos. Gañaba polo gol de Quique e gañaba polas intervencións de Dani Giménez. O equipo coruñés non estivo no seu nivel, iso tamén é o importante.