03 de diciembre de 2018
03.12.2018
"Qué duda cabe!"

Eficacia, si e non

03.12.2018 | 01:20

Foi a de onte unha oportunidade desaproveitada polo Deportivo para acadar o terceiro triunfo lonxe de Riazor por mor da falla de eficacia dos dianteiros; si, deses futbolistas que sempre responden cando son precisos. Ese acerto que non tiveron onte, sobre todo Quique, deixou ao equipo sen dous puntos. E todo conta. Foi ese clásico partido que o Deportivo puido ganar con relativa amplitude, pero que tamén puido perder, malia que fose inxusto. Cando perdoas tanto cara a portería rival o prezo que se adoita pagar é elevado, non aconteceu iso porque Dani Giménez si que fixo o seu traballo e con nota alta. Sacou tres ou catro mans que foron decisivas e permitiron sacar un punto xa que se estaba a ollar que os compañeiros non eran quen de bater a Basilio, a quen por certo Dani recoñeceu o seu mérito no encontro. É certo que o gardameta do Rayo estivo moi ben, pero para min hai unha diferenza imporante, que o porteiro do Deportivo foi quen de sacar balóns de gol, con intervencións moi acertadas, mentres que o local tivo a fortuna de que os remates lle foron case sempre ao corpo, agás o cabezazo de Carlos Fernández, no que tivo unha intervención marabillosa. Tamén salientábel o encontro do porteiro local, pero máis é a do galego. Se arriba tivesen o mesmo acerto, a estas alturas do conto estaríamos falando de dous puntos máis, pero iso non conta. Con todo o ritmo é alto, o equipo segue a sumar fóra e só queda que o sábado gañe na casa para manter esa media de puntos que fai que estea na zona nobre da táboa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
LA OPINIÓN A CORUÑA te invita a disfrutar del partido que enfrentará, en el Estadio ABANCA Riazor, al Deportivo contra el Zaragoza este domingo a las 20.30.

Buscador de deportes