23 de diciembre de 2018
23.12.2018
"Qué duda cabe!"

E logo onde se gañan os partidos?

23.12.2018 | 01:21
E logo onde se gañan os partidos?

Aárea é ese lugar que todo equipo de fútbol ten que saber defender e que todo equipo ten que saber atacar. É a principal conquista durante un partido. E polo que aconteceu onte o Cádiz é xusto vencedor porque foi quen de dominar neses dous sentidos. Mantivo o mando na defensa do espazo propio e soubo facer dano no do adversario, o Deportivo. Non é que fose o que aconteceu, ademais así o recoñeceron os futbolistas e técnico do equipo coruñés despois do encontro. Un recoñecemento con matices por parte dalgún dos protagonistas do conxunto branquiazul, que dixo algo así como "só nos gañaron nas áreas". E logo? Onde se gañan ou se perden os partidos? Avisara Natxo González que todos os goles do Cádiz chegaban desde dentro desa zona de privilexio; suponse que os seus xogadores tamén sabían diso, será por iso que decidiu xogar con defensa de tres, pero a solución que atopou non serve porque os tres goles do equipo amarelo foron todos dentro desa zona reservada para que os defensas impoñan o seu poderío. Algo non foi ben. Sei que a goleada dá para facer lume; mesmo o triunfo pola mínima do Cádiz semellaba non ser xusto de todo, segundo algúns compañeiros, e o dous cero era excesivo para min, xa o tres? Só aconteceu o mesmo que noutros partidos pero ao revés. Noutros encontros o Deportivo gañou con comodidade sen merecer tanto e onte perdeu por tres, o que é o mesmo que dicir de xeito excesivo. Será que isto é a Segunda? A eficacia decide nesta categoría.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook


Buscador de deportes