07 de enero de 2019
07.01.2019
"Qué duda cabe!"

Iso tamén é fútbol

07.01.2019 | 00:12
Iso tamén é fútbol

O xuíz de onte decidiu que había que xogar catro minutos máis dos noventa reglamentados e para min foi escaso, pero deses catro minutos non se chegou a xogar nin un segundo. O Lugo, con dous menos, soubo facer o que había que facer para marchar con un punto que gañou sustentado en Juan Carlos. Riazor queixouse, que é o lóxico, pero os futbolistas de Monteagudo fixeron o axeitado. Mágoa de que algúns que vestiron a camisoloa branquiazul non o soubesen facer hai un ano porque habería máis puntos no casilleiro. O comportamento dos xogadores lugueses é reprobábel como deportivista, non como futboleiro. Tiraron rendemento da súa actitude? Si. Era o que buscaban. O asunto non é o que faga o adversario: é o que permita o árbitro facer. O partido chegou onte ata o minuto 95,15 cando tiña que morer no 94 segundo a decisión inicial do colexiado, que engadiu un minuto quince segundos sobre o tempo que entendía que se perdera. Bo traballo dos xogadores visitantes. Así de contundente. O árbitro tería que engadir outros catro minutos, se fose un tipo normal, como fan no resto das ligas de Europa, pero aquí todo é diferente, pero para mal. De todos os xeitos, estou convencido de que aínda que se xogasen outros noventa minutos os deportivistas non serían quen de marcar un gol. Que iso é o máis importante. Moito criticar a un adversario en inferioridade, pero hai que facer análise do propio, que é por onde se poden atallar os atrancos e solventalos. Ou tirar fóra a tres metros da portería é culpa doutros...

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes